Levaranse a cabo conversas en directo dende as propias grúas de cada artista e a través de Lives de Instagram, falaremos c@s artistas convidad@s sobre os seus métodos de traballo, influencias, traxectoria e demáis. Unha boa oportunidade de achegarse máis ao punto de vista d@ autores das obras do Rexenera Fest 2022.
O calendario de entrevistas irémolo anunciando en redes sociais durante os vindeiros días e en función dos procesos e avances e cada mural.
🎨 Daan Botlek, desde os Países Baixos
🎨 Udatxo, desde Euskadi
🎨 Alba Fabre, desde Cataluña
🎨 Twee Muizen, desde Galiza
🎨 Marija Tiurina, desde Lituania