ISA BERMÚDEZ


ISA BERMÚDEZ (Galiza)

 

Gal:

 

Isa Bermúdez é unha artista plástica galega, natural de Carballo, cuxo traballo se desenvolve entre o muralismo, a pintura e a ilustración, articulando unha linguaxe visual fortemente vinculada ao territorio, á memoria colectiva e ás formas de identidade propias e no que a ilustración se mestura e cohabita según o caso cunha linguaxe máis plástica e expresiva. 

 

Iniciou a súa traxectoria no ámbito do muralismo aquí no propio Rexenera, formando parte da equipa de Mutante Creativo como asistente de produción e pintura mural, unha experiencia fundamental que lle permitiu aprender de recoñecidos profesionais e alimentar progresivamente o seu percorrido artístico. Desde entón, realizou intervencións murais en distintos puntos de Galiza, entre eles Carballo, A Coruña, Santiago de Compostela, Sobrado dos Monxes, Carral e Poio, e tamén no contexto internacional, destacando a súa participación en Cabo Verde a través dun proxecto impulsado polo Fondo Galego.

 

O ano pasado abre Espazo Sol, o seu propio obradoiro e espazo expositivo na carballesa rúa Sol, dende onde a súa práctica se completa cunha dimensión pedagóxica, desenvolvendo obradoiros e procesos formativos en diversos contextos culturais e educativos. 

No ámbito do deseño e a ilustración, asinou diversos encargos gráficos e carteis institucionais, entre os que destacan varias encargas para o Concello de Carballo como o cartel oficial do San Xoán deste ano e varias edicións das Festas da Milagrosa e os carteis dos Xogos Florais para o Concello de Betanzos. 

 

+info:

https://www.instagram.com/isa__bermudez/

https://www.instagram.com/espazo.sol/

 

--------------

 

Cast:

Isa Bermúdez es una artista plástica gallega, natural de Carballo, cuyo trabajo se desarrolla entre el muralismo, la pintura y la ilustración, articulando un lenguaje visual fuertemente vinculado al territorio, a la memoria colectiva y a las formas de identidad propias, en el que la ilustración se mezcla y convive, según el caso, con un lenguaje más plástico y expresivo.

 

Inició su trayectoria en el ámbito del muralismo aquí mismo, en Rexenera, formando parte del equipo de Mutante Creativo como asistente de producción y pintura mural, una experiencia fundamental que le permitió aprender de reconocidos profesionales y nutrir progresivamente su recorrido artístico. Desde entonces, ha realizado intervenciones murales en distintos puntos de Galicia, entre ellos Carballo, A Coruña, Santiago de Compostela, Sobrado dos Monxes, Carral y Poio, así como en el contexto internacional, destacando su participación en Cabo Verde a través de un proyecto impulsado por el Fondo Galego.

 

El año pasado abrió Espazo Sol, su propio taller y espacio expositivo, situado en la calle Sol de Carballo, desde donde su práctica se completa con una dimensión pedagógica, desarrollando talleres y procesos formativos en diversos contextos culturales y educativos.

En el ámbito del diseño y la ilustración, ha firmado diversos encargos gráficos y carteles institucionales, entre los que destacan varios trabajos para el Concello de Carballo, como el cartel oficial de San Juan de este año y varias ediciones de las Festas da Milagrosa, así como los carteles de los Xogos Florais de Betanzos para el Concello de Betanzos 

 

+info:

https://www.instagram.com/isa__bermudez/

https://www.instagram.com/espazo.sol/

 

+ imaxes: