Bosoletti

Arxentina / Italia

 Nado e criado en Armstrong, unha pequena vila arxentina, Bosoletti conta cunha mirada limpa e primixenia sobre a vida, a natureza e a humanidade. Baseado nun estilo pictórico clásico, apóiase en simbolismos e metáforas, en representacións humanas e fortes apelacións visuais. Bosoletti traballa con figuras humanas en conxunto cos elementos da natureza, particularmente as femininas e os seus destinos. Os seus murais evocan serenidade e pracer visual, pero implicando un espertar de conciencias. A consciencia de que a vida pasa pero sen saber moi ben o que nos concirne ou o que somos capaces de decidir por nós mesmas. A consciencia de que a vida debería ser unha constante loita influída sobre todo pola lóxica. 

 

 

Máis info:

https://bosoletti.com

 

TRABALLOS ANTERIORES: