Daniel Muñoz "SAN"

Cáceres

Dende os seus comezos a súa obra foi marcadamente figurativa, xa que comezou a desenvolverse empregando, exclusivamente, o espazo público como soporte: facendo recoñecibles as súas mensaxes ao maior número de persoas posibles. 

A súa linguaxe está formada por símbolos e códigos que suscitan unha lectura coidada, entre a narrativa da pintura clásica e os discursos sociolóxicos da arte contemporánea. Todas as súas obras obrigan a caer en interpretacións diversas e confusas, a pesar de narrar feitos e anécdotas cotiás, baseadas nos tópicos máis mundanos. Durante os últimos anos realizou numerosas exposicións e intervencións en Europa, Norteamérica, Sudamérica, Rusia e Oriente medio. 

 

Máis info:

http://www.eseaene.com

TRABALLOS ANTERIORES: