Doa

Galiza

Dende moi nova Doa estivo experimentando diferentes técnicas expresivas. Aprende arte e fotografía entre Galicia, México e Portugal. Tempo despois descobre a posibilidade de formar parte do todo axudando ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e neste momento empeza o proxecto Reforestando, pensando na transformación do espazo público, mediante a intervención mural “site specific” de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos. O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal e a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo.

 

Máis info:

https://doaoa.wordpress.com

TRABALLOS ANTERIORES: