DIOS KE TE CREW

VENRES 9 de xuño I  A partir das 00:00 h.

LUGAR: Praza do Concello, Carballo. I ENTRADA GRATUÍTA

 


DIOS KE TE CREW

“Tremendos Anos 20”

 

A banda máis emblemática do hip hop galego virán a celebrar a Carballo o seu XX aniversario no seo da súa xira: “Tremendos Anos 20” na que están inmersos neste 2023.  Veñen de presentar o seu último traballo, titulado “En que ano estamos!?”, o pasado verán, no que destacan temazos feitos himno como “OG”, “A Molar” ou “Haters”, con algunhas colaboracións destacadas como os Boyanka Kostova ou High Paw, e continuarán nesta xira especial presentando novas creacións e repasando os éxitos máis destacados da súa traxectoria.

 

Despois de que nos últimos meses volveran tolo ao público dalgúns dos festivais máis importantes da escena galega, como o Noroeste Festival ou O Son do Camiño, entre outros, semellan máis en forma ca nunca e atópanse no seu momento máis doce e activo como banda, gañando a cada paso en calidade, difusión e capacidade de convocatoria.

 

O novo directo contén unha potente posta en escena audiovisual, na que as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións da banda, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que os caracterizan.

 

VIDEOS: