IGMIG

IGMIG é unha banda viguesa formada por Mig, Seoane (guitarra, voz), Nacho Muñoz/Madamme Cell (electrónica, voz) e Suso Alonso (percusión, voz), tres músicos de longa traxectoria en distintos estilos musicais, que deciden xuntarse en 2013 para crear IGMIG, unha mestura explosiva de rock, funk, postpunk, electrónica, música contemporánea e músicas do mundo.

Despois do seu delirante primeiro traballo, “Shaishakarraskaishe” (2014), os IGMIG volven á carga con “Ai que lío!” (2017), un disco cargado de sorpresas, sentido do humor e inimaxinables combinacións sonoras tan características da banda.

 

Máis info:

https://familiacaamagno.bandcamp.com/

Facebook

 

DATA: sábado 3 de xuño de 2017

LUGAR: Praza do Concello, Carballo 

ENTRADA DE BALDE