MR. FISHMAN AKA DR.THINK
Dj dos grupos Telémaco e Safari Orquestra.
Despois de actuar por algunhas das salas e festivales máis importantes de España (Fever, Sala Apolo, Sala Caracol, Reperkusion, Brincadeira, Sanfroidance, Eólica ou Freshweekend) e de contar co respaldo de medios como Radio3, Staff Magazine, Yodj ou Mondosonoro, o festival máis prestixioso do mundo "Sónar" así o corroboraba coa súa actuación en 2011.
A día de hoxe está celebrando o seu 20 aniversario como dj, e neste 2018 ven de rematar a súa 4º xira latinoamericana, con numerosas actuacións ao longo do continente como Brasil, Uruguay, Arxentina, Costa Rica ou Nicaragua entre outros.
O home peixe chegará ao Rexenera Fest coa súa maleta cargada de new beats ofrecéndonos un set enérxico e bailable no que a diversidade musical e o bo Groove será a receita principal deste freestyle sonoro. Nos seus anzós atoparemos soul, funk, reggae, rap, rock, old&new schooll, break&broken beat, tropical, afrobeat, balkan, electroswing e mashups de alto octanaxe.
Sesión: https://soundcloud.com
Video: https://vimeo.com/53239
Máis info:
www.youtube.com/user/drthinkdj
www.soundcloud.com/drthink
www.facebook.com/drthink
www.vimeo.com/drthink
DATA: sábado 2 de xuño de 2018
LUGAR: Exteriores FORUM, Carballo
HORA: 22:30 h.
ENTRADA DE BALDE