NÉBOA
En xuño de 2015 autoeditan o seu primeiro disco, titulado "Antes da tormenta", gravado nos estudios Litium Records de Pontevedra e dende entón levan a súa música por diversos locais, salas e festivais de toda Galicia.
A mediados de 2018 presentan dous novos sinxelos cos que a finais dese mesmo ano acadan o 2º posto nos Premios Narf da Deputación da Coruña.
Na actualidade atópanse inmersos na gravación do seu próximo álbum.