CONFERENCIAS

 

Durante a tarde do sábado 8 de xuño tivo lugar un ciclo de conferencias no que catro convidadxs especiais pertencentes a catro organizacións ou eventos relacionadas coa arte urbana contemporánea, compartiron  as súas experiencias co público, relatando a súa filosofía e traxectoria, coa intención de que sirva coma foro no que compartir experiencias e reflexionar sobre as distintas derivas que se están a levar a cabo no mesmo eido dende distintos puntos de vista. 

 

Cada un dos ponentes faláronnos de cadanseu proxecto, nun formato de microconferencia duns 25-40 minutos cada un, ademáis dun tempo de debate posterior coas preguntas do público asistente.

 

 

PONENTES

Polígon

Tarragona

POLÍGON: Asociación Cutlural

 

Polígon é unha asociación cultural sen ánimo de lucro con sede en Tarragona. En 2012 nace Shikuarat, blog que funciona como un arquivo de arte urbana da cidade de Tarragona. Pretenden unir diferentes visións ao redor da arte contemporánea, con énfasis na cidade como concepto e escenario de experimentación. Á vez é un sello que engloba todo tipo de proxectos artísticos e culturais como “Murs que Parlen” que achega a arte urbana a cidadanía de Tarragona ou como “Ensayos Urbanos” unha plataforma editorial centrada na publicación de textos ensaísticos e historiográficos sobre o heteroxéneo conxunto de prácticas culturaies englobadas baixo o concepto «arta urbana».

Urvanity Projects

Madrid

URVANITY PROJECTS

 

Urvanity trátase da única feira adicada á Nova Arte Contemporánea cuxa aposta consiste en reivindicar propostas que, con fundamento na expresión artística desenvolta no contexto urbano a partir dos anos 70, constrúen hoxe un diálogo ca modernidade, ofrecendo un escenario onde explicar o mundo que nos rodea.

 

Levan a cabo Urvanity Projects onde implementan contidos culturais e artísticos en colaboracións con iniciativas públicas e privadas como por exemplo Tuenti Urban Art, Iberia Destination 131 ou Swatch Cities Madrid.


Miau Fanzara

Castellón

MIAU FANZARA : Museo Inacabado de Arte Urbana

 

Neste pobo menos de 300 habitantes chega a ameaza da creación dun vertedoiro de residuos tóxicos, o cal rompe a convivencia dos seus veciños entre partidarios e detractores. Para conseguir recuperar a harmonía e a convivencia varios veciños crearon o festival MIAU, un museo inacabado que enche o pobo de obras de arte e de visitantes cada ano.

 

A asociación MIAU promove a arte, as actividades culturais, o pensamento crítico e contemporáneo, a arte vinculada ao medio ambiente e ao medio rural.

Parees

Oviedo

PAREES: Festival de Intervención Mural de Oviedo. 

 

É un evento cultural, social e artístico no que se involucra á cidadanía e artistas para ofrecer á cidade unha nova mirada a través das súas paredes.

 

Os muros (ou parees, en asturiano) sempre contaron historias porque existe unha necesidade innata nas persoas de plasmar a súa existencia neles.