Derrubando Muros con Pintura

Derrubando muros con pintura” é o proxecto xeral de arte urbana promovido polo Concello de Carballo dende o ano 2013, dentro do que se enmarca cada ano o Rexenera Fest e que ten por obxectivo mellorar e embelecer a faciana urbana da vila a través de intervencións artísticas en muros, paredes e edificios de toda a cidade.

 

Un novo e pioneiro prantexamento da paisaxe urbana co que se está a conseguir a redución do feísmo urbanístico, o apoio e a promoción dos talentos locais e a dinamización de moitas rúas. Un gran museo a ceo aberto que non para de medrar e que xera un interese turístico cada vez mais grande cara todo o seu casco urbano.

 

Máis info:

https://www.facebook.com/derrubandoconpintura