Hyuro

Arxentina

Hyuro utiliza a rúa como un espazo de investigación e continua reflexión, de liberación dos propios medos, conflictos e inquedanzas que mantemos con nos mesmos e co noso entorno. Pretende xerar un vínculo entre a pintura e o público, contribuíndo á búsqueda do enfrontamento do espectador coa obra, despertando a curiosidade e reactivando o diálogo interno que mantemos co que somos e o lugar que ocupamos no mundo.

 

 

Entre moitos dos temas tratados, destaca a figura da muller, non só dende a súa condición de xénero asignado dentro do mundo patriarcal, se non tamén como suxeito sometido a diferentes presións e sobrecargas impostas por este sistema capitalista. Desta maneira convida a tomar consciencia dos límites e as condicións polas que atravesa o noso corpo. Propón reflexións sobre a identidade tanto individual como colectiva, cuestionando a liberdade como as condicións dos dereitos fundamentais e inalienables da persoa.

 

Máis info:

http://www.hyuro.es/

TRABALLOS ANTERIORES: