" Da arte urbana ao murais. Qué perdemos? "
Javier Abarca é artista, investigador e docente especializado no graffiti e arte urbana. Figura principal da primeira xeración do graffiti español, impartíu entre 2006 e 2015 unha asignatura sobre graffiti e arte urbana na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid en Aranxuez. Fundou a web Urbanario en 2008. Abarca é un especialista recoñecido na escena internacional e presenza habitual en congresos e festivais europeos. A súa tesis (2010) e os seus textos son citados frecuentemente na literatura especializada. Desenvolveu traballos de docencia, crítica, comisariado e direción de eventos para museos e institucións de España e Europa.
"Entender a arte urbana"
Chega a Carballo para impartir a clase maxistral co mesmo nome, onde abordará os diferentes aspectos precisos para entender este fenómeno artístico dende a década dos 60 ata a actualidade e ademáis culminará este percorrido coa esta conferencia titulada:
"DA ARTE URBANA AO MURAIS. QUE PERDEMOS?"
Nesta conferencia final Abarca reflexiona sobre os últimos anos da evolución da arte urbana e establece as diferencias entre o que hoxe en día podemos chamar muralismo contemporáneo e a a arte urbana anterior.
Os grandes murais institucionais que se fixeron habituais nos últimos anos soen ser chamados arte urbana. Este último término crea confusión, dado que existen diferenzas claras e fundamentais entre estes murais e as obras ás que chamabamos arte urbana nas décadas pasadas, máis pequenas e producidas sen consentimento. Esta conferencia analizará as diferenzas entre estas dúas prácticas e é ao mesmo tempo unha detallada descrición das cualidades que fan única a arte urbana non oficial.
Máis info: