Mesa Redonda

O sábado 4 de xuño terá lugar unha mesa redonda ao redor da arte urbana  na que participarán 4 ponentes representando a diferentes proxectos neste eido. Cada convidado exporá a súa traxectoria e experiencia e compartiremos o coñecemento adquirido por cada un, reflexionando sobre a deriva deste tipo de eventos nos últimos anos e sobre a potencia e relevancia da arte como ferramenta transformadora na sociedade actual.

 

Data: sábado 4 de xuño

Lugar: Auditorio do Forum de Carballo

Horarios: Das 17:00 h. ás 19:00 h.

Entrada de balde, ata rematar aforo.

Lara Seixo

Lisboa, Portugal

DesOrdes Creativas

Ordes (Galiza)

Festival Asalto

Zaragoza


Derrubando Muros

Carballo, (Galiza)