NÖ3L

Galicia

Natural de Rianxo (A Coruña) e a día de hoxe residente en Guadalajara (México), Noel é Técnico Superior de Ilustración pola escola de artes Pablo Picasso de A Coruña e estudante do grao de comunicación audiovisual na universidade de Santiago de Compostela.

 

O seu traballo creativo céntrase principalmente na ilustración e no muralismo e situámolo como un dos principais talentos da arte urbana galega.

O seu estilo destaca por unha forte expresividade, na que se observa inequivocamente a xestualidade das linguaxes do comic e unha técnica pictórica complexa e graficamente densa, unha amalgama de formas e conceptos que bebe de distintas fontes como o postgraffiti, o deseño e a ilustración contemporánea.

 

 

Nos últimos anos foi convidado por múltiples eventos como Desordes Creativas (Ordes), O Marisquiño (Vigo), Cul-Tur (Vizela, Portugal) ,Intramurs (Valencia). Festival Pintura Fresca (Tlajomulco, México), MUJAM (Cidade de México) ou Festival Muros Despiertos (Acapulco, México).

 

Máis info:

http://www.novenoel.com/

TRABALLOS ANTERIORES: