PONENCIAS

O sábado 4 de xuño haberá un ciclo de ponencias no Forum de Carballo con dúas actividades principais, unha mesa redonda con convidados de diferentes proxectos de arte urbana e un ciclo de microconferencias nos que participarán varios dos artistas convidados expoñendo o seu traballo e traxectoria.

DATA: sábado 4 de xuño de 2016

LUGAR: Auditorio do Forum Carballo / Praza dos Bombeiros Voluntarios  s/n. Carballo 

HORA: 17:00 h.

ENTRADA DE BALDE

MESA REDONDA

O sábado 4 de xuño terá lugar unha mesa redonda ao redor da arte urbana  na que participarán 4 ponentes representando a diferentes proxectos neste eido. 

MICROCONFERENCIAS

Varios dos artistas convidados compartirán as súas experiencias e traballos co público asistente.