DesOrdes Creativas

DesOrdes Creativas é un dos eventos de arte urbana pioneiros, máis lonxevos e de maior sona no estado español e fora das súas fronteiras. Con 8 edicións ás súas costas, por Ordes teñen pasado algunhas das figuras máis importantes do panorama estatal e internacional da arte urbana como Blu, Ino, Escif ou Liqen entre moitos outros.

 

A vila alberga a dia de hoxe máis de 50 obras esparexidas por todo o casco urbán, facendo de Ordes un gran museo de arte pública e gratuíta que atrae cada cada ano a un número maior de visitantes.

Unha ferramenta de rexeneración urbana, activismo cultural, diálogo social e pensamento crítico que edición tras edición aporta novos pulos de aire fresco á súa contorna, loitando contra a lacra do feísmo urbanístico, a desmemoria e as mentes grises.

 

Mutante Creativo, os seus organizadores, compartirán connosco a súa longa experiencia, criterio e filosofía de traballo participando na mesa redonda que temos programada para a tarde do sabado 4 de xuño no Forum de Carballo. 

 

Máis info:

http://desordescreativas.com/