Festival Asalto

O Asalto é o Festival Internacional de Arte Urbana que dende o ano 2005 anega ó longo de varias semanas as rúas de Zaragoza con propostas artísticas vangardistas, participativas e impactantes, desenroladas in situ por artistas urbanos e colectivos artísticos do panorama local, estatal e internacional. Trátase, polo tanto, dunha fórmula de interacción global coa cidade, tanto a nivel urbanístico coma social, que ano tras ano seduce a artistas e colectivos, a cidadáns e visitantes.

O leitmotiv do Festival Asalto é realizar todo por e para a rúa, asaltar o espazo público, previtalizar e mesmo revitalizar recunchos abandoados da cidade e interactuar cos cidadáns mediante un novo abano de posibilidades, sensacións e cores que permiten ver doutro xeito unha contorna urbana que polo xeral é gris e monótona.

Dende 2005, cando ainda non existía ningún festival deste tipo no estado, Festival Asalto mantén o compromiso de fomentar o feito cultural a través da intervención artística no espazo público co obxectivo de transformalo nun esceario cultural e creativo, aberto e participativo, no que se consegue involucrar a artistas, cidadáns e entidades públicas na súa calidade de axentes fundamentais do troco. 

O apoio que Zaragoza dou ao Festival Asalto e o tesón de quenes o organizan, son aspectos básicos para que este proxecto calase tanto na sociedade, e se convertise nunha cita obrigada da programación cultural da cidade e mesmo poida describirse coma un proxecto que fai cidade grazas ós seus valores:  a creatividade, a arte, a participación no feito cultural, a converxencia de públicos dispares, a mestura xeracional ou a recuperación do espazo público como lugar de lecer, aprendizaxe, reflexión e construcción colectiva dunha sociedade máis curiosa e desperta.

 

Máis info:

http://www.festivalasalto.com/