Lara Seixo

A curiosidade en torno á arte lévaa a Lisboa a estudar Arquitectura, onde se interesa por outras áreas artísticas como o Graffiti e o Street Art.

A asociación desta paixón co orgullo de ser orixinaria do rural, fai xurdir o WOOL – Festival de Arte Urbana da súa pequena vila natal, Covilhã, e dende entón, leva a cabo diversos proxectos con distintos formatos, xeografías e públicos.

 

Algúns exemplos son o LATA 65 – Workshop de Arte Urbana para a terceira idade, a organización de comitivas de artistas portugueses como TOUR PARIS 13 ou Djerbahood, ou o seminário ‘Arte Urbana: Continentes e Fronteiras’ e a Conferéncia Internacional: ‘Lisbon Street Art & Urban Creativity’. Produce tamén accións culturais e exposicións como a colectiva THE ART OF USING THE BOX (Figueira da Foz, 2013) , o proxecto ESPIGAR NAS GENTES (Porto, 2015) e FIO (Coimbra, 2016).

 

 

Para a xestión de todas estas facetas, constituíu MISTAKER MAKER, unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta creativamente a produción e promoción de exercicios de Arte Contemporánea, en todas as súas formas de expresión.

 

Máis info:

http://www.mistakermaker.org/