PROXECTO CAPuS

"Proxecto de conservación da arte urbana / Universidade de Vigo"

 

 

Teresa Rivas e Santiago Pozo son integrantes do grupo Tegra do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medioambiente da Universidade de Vigo. Veñen falarmos do proxecto europeo Conservation of Art Public Spaces – CAPuS, un proxecto con 17 socios de 7 países. O principal obxectivo é o desenvolvemento das directrices para a protección (documentación, intervención directa e conservación preventiva) da arte urbana e a súa inclusión no módulo formativo de libre acceso a todas as titulacións e niveis de formación relacionados coa conservación do patrimonio. A través dunha estreita colaboración entre investigadores/as, educadores/as e empresarios/as, desenvolveranse metodoloxías para intervencións específicas neste tipo de obras de arte.