JAVIER ABARCA: “ENTENDER A ARTE URBANA”

Javier Abarca é artista, investigador e docente especializado no graffiti e arte urbana. Figura principal da primeira xeración do graffiti español, impartiu entre 2006 e 2015 unha materia sobre graffiti e arte urbana na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid en Aranjuez. Fundou o web Urbanario en 2008.

Abarca é un especialista recoñecido na escena internacional e é habitual en congresos e festivais europeos. A súa tese (2010) e os seus textos son citados frecuentemente na literatura especializada. Desenvolveu traballos de docencia, crítica, comisariado e dirección de eventos para museos e institucións de España e Europa.

 

Nesta edición chegará a Carballo para impartir este seminario onde abordará os diferentes aspectos precisos para entender a Arte Urbana en todo o seu conxunto e evolución.

 

SEMINARIO: "ENTENDER A ARTE URBANA"

 

¿É a arte urbana un fenómeno recente? ¿Cómo evolucionou ata agora? ¿Qué cualidades a distinguen? ¿Qué relación teñen a arte urbana independente, as exposicións e os murais institucionais?

Este curso ofrece un percorrido histórico da arte urbana, dende as súas oríxes na década de 1960 ata hoxe, e analiza a fondo os valores e resortes que fan única a esta forma de arte.

 

DATAS: xoves 31 de maio e venres 1 de xuño. 

HORARIOS: de 17:30 a 21.00 h.

LUGAR: Auditorio Forum Carballo

ENTRADA: De balde ata rematar aforo. 

 

CONTIDOS:

1. Antecedentes ignorados: os anos 60 e 70

Na década de 1960 tácticas como a performance ou o land art permitiron aos artistas rachar

coas formas convencionais de arte. Deste pulo xurdiron tamén numerosos

experimentos que hoxe chamaríamos arte urbana. Recursos e técnicas que semellan ser hachazgos cruciais da presente xeración foron en realidade explorados a fondo durante os sesenta e setenta por artistas aillados. 

 

2. A primeira oleada: os anos 80

A primeira oleada de arte urbana surdíu nos oitenta a partires da confluencia da arte

contemporánea coa publicidade exterior, o graffiti e o punk. Desenroláronse esceas moi

activas en diferentes cidades, as máis fortes en Nova Iorque, París e São Paulo. Sen fotografía

dixital nin internet as posibilidades de propagar e compartir imaxes eran moi limitadas, o que

impedíu a interconexión entre as esceas locales e causou un fin temperán da corrente.

 

3. Pioneiros aillados: os anos 90

Os noventa foron anos de inactividade, coa excepción duns poucos artistas aillados. Os

más significativos foron os norteamericanos Revs e Shepard Fairey, que desenrolaron neses anos

un intenso e visionario traballo que conformou boa parte do andamiaxe da práctica da

arte urbanao na seguinte década. Por outra banda, nos útimos noventa algúns escritores de

graffiti comezaron a prescindir das letras e a experimentar coa propagación de imaxes,

comenzando así a dar forma ao que sería a gran oleada da arte urbana.

 

4. A gran oleada: 2000-2010

Durante os primeiros anos do século XXI a xeralización dlas conexións de banda ancha

facilitou o rexurdimento da arte urbana, agora como unha enorme escea global estreitamente

interconectada. Esta clase estudia a evolución da escea e observa algúns dos seus artistas

máis significativos. A través das suas obras analiza os mecanismos que caracterizan a práctica da

arte urbana e as dimensións da experiencia de quén a observa.

 

5. Comisariar arte urbana

Pola súa propia natureza, a arte urbana aparece de forma autónoma, sen permiso nin control. Tanto organizalo legalmente na rúa como llevalo á  sala de exposicións implican a desaparición

das suas cualidades esenciais. ¿Existen tácticas comisariais que permitan abordar a arte urbana

sen deixar de traballar cos valores que o fan único?

 

6. Clase extra / sábado día 2 / Ciclo Conferencias / Da arte urbana aos murais, ¿qué perdemos?

Os grandes murais institucionais que se fixeron habituais nos últimos anos soen ser

chamados arte urbana. Este uso do término crea confusión, dado que existen diferenzas claras e

fundamentais entre estos murais e as obras ás que chamabamos arte urbana na década

pasada, máis pequenas e producidas sen permiso. Esta clase analiza as diferenzas entre estas

dúas prácticas e é ao tempo unha descrición detallada das cualidades que fan única á arte

urbana non oficial.