SPOK

SPOK

Master Class de manexo do aerosol. 

 

É licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. O seu estilo pictórico bebe directamente do estilo que adquiriu pintando graffiti nos 90. O seu traballo é recoñecido polo contexto fantástico e a linguaxe con toques de humor negro que destaca do resto. Cunha técnica hiperrealista e grandes formatos, Spok logra establecer un diálogo co espectador que non deixa indiferente a ninguén. Realizou multitude de proxectos para grandes firmas e axencias de publicidade. Pintou murais en numerosos festivais, lugares como México, Bos Aires, Hong Kong, Miami… Así mesmo, participou en múltiples exposicións colectivas e individuais como TATE Modern's Walking Tour, o stand de El País en ARCO ou o Instituto Cervantes en Manchester. Os participantes da Masterclass poderán achegarse ás técnicas que diferencian e fan único a Spok.

 

DATAS: martes 29 e mércores 30 de Maio.

HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:30 h. 

LUGAR: por definir

PRAZAS LIMITADAS: Só 12 prazas

 

 

INSCRÍBETE AQUI >> PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓN: 23 DE MAIO

Indícanos Nome, apelidos, email, tfno, nome da Master Class e a poder ser link a Portfolio, web, instagram ou similar. 

 

Atención: Los campos marcados con * son obligatorios.

Outros traballos de SPOK