BTOY: “STENCIL APLICADO AO MURAL” : Aprendizaxe da técnica do stencil.

BTOY

 

Andrea Michaelsson, alias BTOY, é unha artista urbana de Barcelona, recoñecida 
internacionalmente polos seus traballos por medio da técnica do estarcido ou stencil dende 2002.

A súa obra ubícase sobre superficies irregulares, sumando refugallos de polución e anuncios, onde as portas e as fiestras tapiadas convírtense nos seus marcos idóneos. As súas personaxes detéñense e cravan en nós a súa mirada, facéndonos reflexionar sobre o paso do tempo. Retratos cunha forte carga nostálxica, son sacudidos con pinceladas cheas de forza e cor. 

Ten feito intervencións en moitas cidades, entre elas destaca a súa participación en Cans Festival de Londres, comisariado por Banksy e Tristan Manco. Tamén ten intervido e exposto a súa obra nas rúas e galerías de Barcelona, Düsseldorf, México ou París, entre outras. Como docente impartíu cursos de stencils en Miscelanea, Escola Elisava, Creadors en Residència en colaboración con MNAC.

 

Máis info:

https://www.flickr.com/photos/btoy?ytcheck=1

https://www.instagram.com/btoyandrea/

 

MASTER CLASS: “STENCIL APLICADO AO MURAL” : Aprendizaxe da técnica do stencil.

 

O estarcido ou “stencil” é unha técnica artística de repetición que, mediante un cartón ou acetato créase unha imaxe ou texto que é facilmente reproducible. Nesta clase maxistral os alumnos traballarán os seus stencils coa técnica manual de corte a partir da súa previa edición e proxección, para finalmente plasmala nunha parede de gran formato usando sprays para o seu pintado final. 

Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.

 

DATAS: 29, 30 e 31 de maio de 2017

HORARIOS: 

   - Luns 29: de 17:00 a 19:00 h.

   - Martes 30 e mércores 31: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:30 h. 

LUGAR: Forum Carballo (Pza dos Bombeiros Voluntarios s/n) >> Ver ubicación >> Street View

MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (15 prazas) 

 

INSCRICIÓN: ( prazo ata o 26 de maio )

Os/as interesados/as enviar un email a esta dirección de correo: masterclasses@rexenerafest.gal

INDICANDO OS SEGUINTES DATOS:

- MASTER CLASS: Stencil aplicado ao mural

- NOME E APELIDOS

- IDADE

- TELÉFONO e EMAIL 

- FORMACIÓN ( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)

- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/BLOG ou similar

 

* Unha vez recibidas as solicitudes de inscrición ( por cuestión de limite de prazas) a organización do festival seleccionará os perfiles máis adecuados para a actividade e comunicaráremosvos a súa validación por email a cada un deles.