POWONE: Da foto ao muro / 1, 2 e 3 de xuño

POWONE

O vigués Powone é un dos pioneiros do graffiti en Galicia e un veterano experto da complexa técnica do aerosol, cunha longa traxectoria ás súas costas e con múltiples murais na súa cidade natal asi como en moitas cidades galegas e do resto do estado.

O seu traballo viaxa da fotografía ao mural directamente, sen trampa, filtro, nin cartón, un proceso no que Powone se sinte cómodo e que manexa de xeito preciso, usando os sprays como ferramenta esencial coa que acada uns acabados moi expresivos e minuciosos.

 

Máis info:

https://www.facebook.com/powoneusc

 

  

MASTER CLASS: Da foto ao Muro / 31 de maio e 1 de xuño

Nesta clase maxistral os alumnos asistentes adentraranse de cheo nesta complexa técnica, entendendo o seu funcionamento e aprendendo de xeito práctico o proceso de transportar á parede o acabado realista dunha fotografía co asesoramento e axuda do artista.

 

Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.

 

DATAS: 1, 2 e 3 de xuño

HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:30 h. 

LUGAR: Rúa Romero de Lema / Antiga Estación de autobuses (parte traseira) >> Ver ubicación >> Street view

MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (10 prazas) 

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 26 de maio

 

INSCRICIÓN:

Os/as interesados/as enviar un email a esta dirección de correo: masterclasses@rexenerafest.gal

INDICANDO OS SEGUINTES DATOS:

- MASTER CLASS: O Realismo no Graffiti

- NOME E APELIDOS

- IDADE

- TELÉFONO e EMAIL 

- FORMACIÓN ( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)

- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/BLOG ou similar

 

* Unha vez recibidas as solicitudes de inscrición ( por cuestión de limite de prazas) a organización do festival seleccionará os perfiles máis adecuados para a actividade e comunicaráremosvos a súa validación por email a cada un deles.