JAVIER ABARCA: “ENTENDER A ARTE URBANA”

 

 SEMINARIO: "ENTENDER A ARTE URBANA"

 

¿É a arte urbana un fenómeno recente? ¿Cómo evolucionou ata agora? ¿Qué cualidades a distinguen? ¿Qué relación teñen a arte urbana independente, as exposicións e os murais institucionais?

Este curso ofreceunos un percorrido histórico da arte urbana, dende as súas oríxes na década de 1960 ata hoxe, e analizou a fondo os valores e resortes que fan única a esta forma de arte.

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

JAVIER ABARCA:

 

Javier Abarca é artista, investigador e docente especializado no graffiti e arte urbana. Figura principal da primeira xeración do graffiti español, impartiu entre 2006 e 2015 unha materia sobre graffiti e arte urbana na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid en Aranjuez. Fundou o web Urbanario en 2008.

Abarca é un especialista recoñecido na escena internacional e é habitual en congresos e festivais europeos. A súa tese (2010) e os seus textos son citados frecuentemente na literatura especializada. Desenvolveu traballos de docencia, crítica, comisariado e dirección de eventos para museos e institucións de España e Europa.

 

 

Máis info:

http://urbanario.es