MØU

OBRADOIRO DE MURALISMO PARA NENOS/AS con MØU 

 

A súa infancia era un continuo debuxar, mentres vía as súas series favoritas de animación ía absorvendo toda esa linguaxe pictórica, co paso do tempo foi pasando por varias

etapas, da banda deseñada ao graffiti, do deseño gráfico ao muralismo, todo isto refléxase no seu estilo onde mestura estas diferentes vertentes artísticas. Metade de

Mutante Creativo xunto a Sokram, impulsores de proxectos como o lonxevo festival de arte urbana DesOrdes Creativas, impartirá un obradoiro de muralismo para nenos/as onde achegará aos máis novos os procesos e a arte de pintar na rúa.

 

Para nenos/nenas de entre 10 e 12 anos de idade.

 

---------------------------------------------------------------------------------

DATAS: martes 4 e mércores 5 de xuño.

LUGAR: Rúa de Noia

HORARIOS: De 16:00 a 19:30 h. 

MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (12 prazas)

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 29 de maio.

 

INSCRICIÓN:

Os/as interesados/as terán que cubrir o seguinte formulario cubrindo tódolos campos e indicando no campo mensaxe a seguinte información:

 

"OBRADOIRO DE MURALISMO con MOU”.

- NOME E APELIDOS do neno/a

- IDADE do neno/a

- TELÉFONO e EMAIL  dos pai/nai

 

* Unha vez recibidas as solicitudes de inscrición  comunicaráremosvos a súa validación por email a cada un deles indicando tódolos detalles a ter en conta.

 

Atención: Los campos marcados con * son obligatorios.