Jorit

Italia

JORIT

O obxetivo de Jorit é acercarse o máximo posible á realidade, isto so é posible a través dun estudio exhaustivo e minucioso para posteriormente a traves de moitas técnicas pictóricas facer unha reprodución escrupulosa e con todo luxo de detalles.Jorit é coñecido por representar a faciana humana con un realismo sorprendente e de dotalas dunha maxestuidade similar a dun Totem, coma unha deidade que precisa ser venerada, creando imáxenes cheas de solemnidade e de gran impacto visual.

 

Despois de 10 días de traballo continuado Jorit deixounos esta maxestuosa obra na vila, na cal representa como ven sendo habitual na súa obra un retrato hiperrealista con todo luxo de detalles, neste caso presenta a faciana dunha moza de ascendencia galega. Pretende facer unha reflexión a traves do retrato, todos somos da mesma tribo, a humana. Ao longo da súa obra representou a moita xente famosa e tamén anónima, co que quere transmitir que todos temos en común o mesmo poderoso rasgo, a faciana.

 

 O mural de Jorit está nun dos edificios da rúa Luís Calvo. 

>> Ver ubicación >> Link Street view:

 

Máis info:

https://www.facebook.com/joritagoch/

 

TRABALLOS ANTERIORES:

TRABALLOS ANTERIORES: