SATURNO

Catalunya

Nacido en 1979 na pequena cidade costeira de Malgrat de Mar (Barcelona). A súa infancia estivo rodeada de cintas VHS, centros recreativos e salas de cine, de feito preto da súa casa contemplaba os carteis que anunciaban as películas de estrea semanal, e é na súa infancia cando descubre esta fascinación polos xéneros de fantasía, terror e ciencia-ficción. O seu contacto co graffiti é totalmente autodidacta e comeza a pintar sendo moi novo, en 1994. O seu estilo único e recoñecible destaca pola súa técnica e o control da cor, que se nutre do graffiti, da ilustración tradicional e dixital. A día de hoxe é todo un referente da escena urbana europea..

 

Saturno dou renda solta ao seu imaxinario no mural que executou no Forum, cheo de personaxes propios dunha película de fantasía de finais dos 80 ou se cadra das portadas dos primeiros videoxogos daquela época, a cal invita ao espectador a viaxar a outros mundos e a deixar voar a imaxinación. Preséntanos unha escena onírica donde a técnica e o estilo é a mensaxe principal da obra, creando personaxes e escenarios con unha técnica depurada e impecable do aerosol, conseguindo unha definición nos acabados e unha saturación na cor que non deixa indiferente.

 

O mural de Saturno está nunha das paredes do edificio do FORUM, na praza dos Bombeiros Voluntarios s/n. 

>> Ver ubicación >> Link Street view

 

Máis info:

https://www.instagram.com/saturnoart/

https://www.behance.net/saturno_ags

SATURNO

TRABALLOS ANTERIORES: