PONENCIAS

O sábado 4 de xuño haberá un ciclo de ponencias no Forum de Carballo con dúas actividades principais, un ciclo de conferencias con convidados de diferentes proxectos de arte urbana nos que participarán varios dos artistas convidados expoñendo o seu traballo e traxectoria.

DATA: sábado 4 de xuño de 2016

LUGAR: Auditorio do Forum Carballo / Praza dos Bombeiros Voluntarios  s/n. Carballo 

HORA: 17:00 h.

ENTRADA DE BALDE

MESA REDONDA

O sábado 4 de xuño terá lugar unha mesa redonda ao redor da arte urbana  na que participarán 4 ponentes representando a diferentes proxectos neste eido. 

MICROCONFERENCIAS

Varios dos artistas convidados compartirán as súas experiencias e traballos co público asistente.