Fotos dos 5 murais do Rexenera Fest 2016:


Rexenera Fest 2016, o Festival Internacional de Arte Pública de Carballo tocou ó seu fin e aquí temos unha selección de imaxes dos 5 murais de gran formato que se levaron a cabo durante a semana do festival:

Artistas convidados 2016:


Música

O sábado 4 de xuño teremos unha FESTA CONCERTO na Sala Dublín, coas actuacións en directo das bandas FAMILIA CAAMAGNO e FLUZO.. Entrada de balde! 

Master Classes

Durante a semana do festival teremos dúas Master Classes dirixidas a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas.

Unha delas será Realismo no graffiti impartida polo artista SEKONE e outra Introducción ao muralismo,  por CESTOLA NA CACHOLA.

A matrícula é de balde!  APÚNTANTE XA AQUI!

Ponencias

A tarde do sábado 4 de xuño no Forum de Carballo teremos unha Mesa redonda con convidados de diferentes proxectos e festivais de arte urbana: Festival Asalto, Lara Seixo (Wool festival),  DesOrdes Creativas e Derrubando Muros. e un Ciclo de Microonferencias coa participación dalgúns dos artistas convidados.