POWONE: Da foto ao muro / 1, 2 e 3 de xuño

POWONE

MasterClass de Graffiti por POWONE (GALIZA), Rúa Romero de Lema.

 

O vigués Powone é un dos pioneiros do graffiti en Galicia e un veterano experto da complexa técnica do aerosol, cunha longa traxectoria ás súas costas e con múltiples murais na súa cidade natal asi como en moitas cidades galegas e do resto do estado. O seu traballo viaxa da fotografía ao mural directamente, sen trampa, filtro, nin cartón, un proceso no que Powone se sinte cómodo e que manexa de xeito preciso, usando os sprais como ferramenta esencial coa que acada uns acabados moi expresivos e minuciosos.

 

Nesta clase maxistral os alumnos asistentes adentraáronse de cheo nesta complexa técnica, entendendo o seu funcionamento e aprendendo de xeito práctico o proceso de transportar á parede o acabado realista dunha fotografía co asesoramento e axuda do artista.

 

Esta actividade foi dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.

 

DATAS: 1, 2 e 3 de xuño

HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:30 h. 

LUGAR: Rúa Romero de Lema / Antiga Estación de autobuses (parte traseira)

 

Outros traballos de POWONE