AMAIA ARRAZOLA

AMAIA ARRAZOLA (Euskadi/Cataluña)

 

Amaia Arrazola estudiou Publicidade e Relacións Públicas na Complutense de Madrid e durante un tempo traballou como directora de arte no sector publicitario. En 2010 trasladouse a Barcelona, pouco a pouco foi asentándose e desenvolvendo os seus proxectos creativos, alternando a ilustración publicitaria co debuxo editorial e os traballos murais de gran formato. 

 

Cun estilo colorista e naif e unha liña contundente, as súas ilustracións adquiren unha personalidade propia e moi recoñecible tanto na apariencia como na narrativa.  Nos últimos anos ten colaborado con numerosos clientes,  participado en festivais de arte urbana con murais en lugares cercanos e lonxanos,  ten dado charlas e conferencias, e tamén publicado varios libros, entre eles Pequeña & Grande. Audrey Hepburn (Alba) e Cosas que nunca olvidarás de tu Erasmus (Lunwerg). 

En 2017 estivo en Matsudo (Xapón) grazas a unha beca artística de Paradise Air; e de aquela residencia naceu Wabi sabi (Lunwerg), no que narra as súas experiencias persoais no país nipón. Para Lunwerg tamén publicou El meteorito (2020) e Totoro y yo (2022).

 

Estará pintando na AVENIDA CRISTINA Nº 52 >> MAPA

 

+ INFO:

https://amaiaarrazola.com/

 

+ imaxes: