MAZ

 

(Gal)

 

Maz, como non podía ser doutro xeito, veu a Carballo a xogar. 

E despregou o seu xogo máis dinámico e cambiante, eses dos que che fan un dribling cando menos o esperas marcándoche tres goles nos minutos de desconto, un deles coa man, a esquerda. ;) 

 

Neste mutante mural co que conquistou o orixinario barrio da Lagoa, Maz desenrolou un diálogo interactivo co espazo, co barrio, co espectador, co propio festival e a súa audiencia, e tamén consigo mesmo e co propio mural.

 

Unha sorte de folla en branco tirada por dúas traballadoras formiguiñas, serve como pantalla na que mirarse ou á que mirar, deixando o mobil, a tele ou tablet por un momento e ollando de novo para eses antigos muros da rede social que eran antes as paredes do barrio. 

 

Ollar pra dentro e mirar pra fora. 

 

Unha vez máis o Maz máis xoguetón atopou na inocencia do xogo, un mapa dun antigo tesouro agochado no interior da nosa memoria de infante e que nos amosa a ruta máis axeitada a seguir. 

 

Localización: Rúa Oriente, nº 1 >>  MAPA

 

—-—-—-—-—-—-—-—-—-—-—-—-—-—-—-

 

(Cast)

 

Maz, como no podía ser de otra manera, vino a Carballo a jugar… Y desplegó su juego más dinámico y cambiante, ese con lo que te hace un dribling cuando menos te lo esperas marcándote tres goles en los minutos de descuento, uno de ellos con la mano, la izquierda… ;)

 

En este mutante mural con el que conquistó el originario barrio de A Lagoa, Maz desarrolló un diálogo interactivo con el espacio, con el barrio, con el espectador, con el propio festival y su audiencia, y también consigo mismo y con el propio mural.

 

Una suerte de hoja en blanco tirada por dos trabajadoras hormiguitas, sirve como pantalla en la que mirarse o a la que mirar, dejando el móbil, la tele o la tablet por un momento y atendiendo de nuevo para esos  antiguos muros de la red social que eran antes las paredes del barrio.

 

Observar para dentro y mirar para fuera. 

 

Una vez más el Maz más juguetón encontró en la inocencia del juego un mapa de un antiguo tesoro escondido en el interior de nuestra memoria de infante y que nos muestra la ruta más adecuada a seguir. 

 

 

Localización: Rúa Oriente, nº 1 >>  MAPA


MAZ (+ info)

 

 

 Gal:

 

MAZ, sen dúbida é unha das figuras máis activas e interesantes do panorama da arte urbana galega e estatal. De orixe viguesa pero residente no tranquilo e rural concello de Sober (Lugo),  estudou belas artes entre España, Brasil e Portugal. Comeza a pintar graffiti en 2010 pero pouco despois pasa a realizar intervencións urbanas cun cariz máis persoal e motivado por un pensamento crítico e reflexivo. 

 

Coa intención de darlle visibilidade a diferentes problemáticas e contradiccións que teñen lugar no espazo público, e sempre dende unha perspectiva ligada ao humor critico, Maz profundiza en temas como o animalismo, a sostebilidade ou a vida en sociedade, confrontando estes conceptos con optimismo e moita retranca, sen pedir perdón nin permiso a ninguén. 

 

Utiliza a pintura na rúa coma un acto de comunicación, xerando espazos narrativos que tratan as interrelacións humano-natura, e en cada peza, a temática elexida, a técnica utilizada e a forma de expresión vense sempre subordinadas ao contexto da propia obra. 

 

Máis info sobre MAZ: 

https://www.instagram.com/mazilax/

https://www.maz.ooo/

 

——————

 

Cast:

 

MAZ, es sin duda una de las figuras más activas e interesantes del panorama del arte urbano gallego y estatal. De origen vigués pero residente en el tranquilo y rural  ayuntamiento de Sober (Lugo),  estudió bellas artes entre España, Brasil y Portugal. Comienza a pintar graffiti en 2010 pero poco después pasa a realizar intervenciones urbanas con un cariz más personal  y motivado por un pensamiento crítico y reflexivo. 

 

Con la intención de darle visibilidad a diferentes problemáticas y contradicciones que tienen lugar en el espacio público, y siempre desde una perspectiva ligada al humor critico, Maz profundiza en temas como el animalismo, la sostenibilidad o la vida en sociedad, confrontando estos conceptos con optimismo y mucha sorna, sin pedir perdón ni permiso a nadie. 

 

Utiliza la pintura en la calle como un acto de comunicación, generando espacios narrativos que tratan las interrelaciones humano-natura, y en cada pieza, la temática elegida, la técnica utilizada y la forma de expresión se ven siempre subordinadas al contexto de la propia obra.

 

Más info sobre MAZ: 

https://www.instagram.com/mazilax/

https://www.maz.ooo/

 

 

+ imaxes: