Spok

Madrid

SPOK

 

Spok agasallounos con esta peza feita de xeito express nunha tarde libre  que tivo despois da súa master class, regaliño extra do artista madrileño para este Rexenera Fest 2018. 

 

A peza está na antiga estación de autobuses de  Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

 

Máis info:

http://spok.es

Máis fotos:

Fotos por: Mutante Creativo


SPOK

 É licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. O seu estilo pictórico bebe directamente do estilo que adquiriu pintando graffiti nos 90. O seu traballo é recoñecido polo contexto fantástico e a linguaxe con toques de humor negro que destaca do resto. Cunha técnica hiperrealista e grandes formatos, Spok logra establecer un diálogo co espectador que non deixa indiferente a ninguén. Realizou multitude de proxectos para grandes firmas e axencias de publicidade. Pintou murais en numerosos festivais, lugares como México, Bos Aires, Hong Kong, Miami… Así mesmo, participou en múltiples exposicións colectivas e individuais como TATE Modern's Walking Tour, o stand de El País en ARCO ou o Instituto Cervantes en Manchester. Os participantes da Masterclass poderán achegarse ás técnicas que diferencian e fan único a Spok.

 

 

 


TRABALLOS ANTERIORES: