ELE ZISSOU

 

(Gal)

 

Ele Zissou xerou un espazo común para facer brotar a creatividade cos alumnos de cuarto da Eso do IES PARGA PONDAL e así sucedeu. 

 

Entre todas xeraron este mural de grandes dimensións no que os conceptos xurdidos nunha tormenta de ideas colectiva, pasaron despois á fase de bocetado e pouco despois a unha composición conxunta baixo a batuta de Elle que dou lugar posteriormente ao mural.

 

Unha representación colectiva do que é Carballo para o alumnado: fogar, terra, mar, choiva, lume, natureza, fauna e flora aunado polo recoñecible estilo de Ele e a súa complexa síntese formal e sutileza cromática. 

 

Localización >> IES Isidro Parga Pondal >> MAPA

 

-----------------------

 

(Cast)

 

Ele Zissou generó un espacio común para hacer brotar la creatividad con los allumnos de cuarto de la Eso del IES Parga Pondal y así sucedió. 

Entre todas las personas participatnes generaron este mural de grandes dimensiones en el que los conceptos surgidos de una tormenta de ideas colectiva, pasaron después a la fase de bocetado y poco más tarde a una composición conjunta bajo la batuta de Elle que posteriormente dió lugar al mural.

Una representación colectiva de lo que es Carballo para el alumnado: hogar, tierra, mar, lluvia, fuego, naturaleza, fauna y flora aunado por el reconocible estilo de Ele y su compleja síntesis formal y sutileza cromática. 

 

Localización >> IES Isidro Parga Pondal >> MAPA

 

 

ELE ZISSOU (+info)

  

Gal:

 

 

Ele Zissou, é ilustradora e muralista. Natural dunha pequena vila de Salamanca pero residente en Barcelona. A súa obra inspírase na naturaza, a súa infancia, a arte que ama e nas series de animación e o cinema que sempre admirou.  

 

Ao longo das súas creacións xenera o seu propio universo máxico, cheo de personaxes coloridos e divertidos que nos contan diversas historias e fábulas baixo unha sofisticada síntese e estilización de formas.

 

A súa obra destaca polo uso dunha paleta limitada de cores planas e vivas que distribúe de xeito sensible e equilibrado en todas as súas composicións. Encántalle experimentar e probar diferentes soportes e técnicas, dende o dibuxo, a ilustración editorial, o deseño de personaxes, pasando pola pintura mural e ata o detalle e precisión técnica da elaboración cerámica. 

 

Nos últimos anos ten participado en distintos eventos de arte urbana levando as súas ilustracións ao gran formato mural e inundando de cor o espazo público. 

 

Máis info sobre Ele Zissou:

https://www.instagram.com/ele.zissou/

https://linktr.ee/ele.zissou

 

————-————-————-————-————-

 

 

Cast:

 

Ele Zissou, es ilustradora y muralista. Procedente de un pequeño pueblo de Salamanca pero residente en Barcelona. Su obra se inspira en la naturaleza, su infancia, el arte que ama y en las series de animación y el cine que siempre ha admirado.  

 

A lo largo de sus creaciones ha generado su propio universo mágico, lleno de personajes coloridos y divertidos que nos cuentan diversas historias y fábulas bajo una sofisticada síntesis y estilización de formas.

 

Su obra destaca por el uso de una paleta limitada de colores planos y vivos que distribuye de manera sensible y equilibrada en todas sus composiciones. Le encanta experimentar y probar diferentes soportes y técnicas, desde el dibujo, la ilustración editorial, el diseño de personajes, pasando por la pintura mural y hasta el detalle y precisión técnica de la elaboración cerámica. 

 

En los últimos años ha participado en distintos eventos de arte urbano llevando sus ilustraciones al gran formato mural e inundando de color el espacio público. 

 

Más info sobre Ele Zissou:

https://www.instagram.com/ele.zissou/

https://linktr.ee/ele.zissou

 

 

+ imaxes: