ISA BERMÚDEZ

(Galego)

 

ISA BERMUDEZ

 

Isa fálanos da sororidade e dos coidados entre mulleres ao longo da nosa historia. Preséntanos a dúas rapazas con vestidos brancos, facendo referencia á camisola e ás enaguas do traxe tradicional, cos sapos postos e co mantonciño ou pano á cadeira. A imaxe crea unha clara referencia á modernización da tradición, coa innegociable intención de mantela viva e en continua evolución de adaptación aos novos tempos, negandose a ser reducida a algo meramente museístico.

 

A acción de trenzarse o pelo convértese aquí nun símbolo de tenrura e de coidados, un xesto cotián, transmitido de xeración en xeración, no que rara vez interveñen os homes. Isa afonda nos coidados entre mulleres na que raramente se aborda ao falar da coñecida “Matria Galega”. Este concepto dos coidados refórzase mediante a creación dunha imaxe equilibrada en canto a suavidade da cor e pincelada orgánica, onde a imaxe central reclama o seu lugar e protagonismo sobre un fondo vibrante e acolledor.

 

A artista móstranos unha importante realidade moitas veces oculta: a das parellas homosexuais no pasado. É coñecida a historia de Elisa e Marcela, e nesta obra réndese homenaxe a todas esas historias silenciadas e ocultas ao longo do tempo.

 

https://www.instagram.com/isa__bermudez/

 

---

 

(Castellano)

 

ISA BERMÚDEZ

Isa nos habla de la sororidad y de los cuidados entre mujeres a lo largo de nuestra historia. Nos presenta a dos jóvenes con vestidos blancos, en referencia a la camisa y las enaguas del traje tradicional, con zuecos y un mantoncillo o pañuelo atado a la cintura. La imagen establece una clara referencia a la modernización de la tradición, con la firme e innegociable intención de mantenerla viva y en continua evolución, adaptándose a los nuevos tiempos y negándose a ser reducida a algo meramente museístico.

 

La acción de trenzarse el pelo se convierte aquí en un símbolo de ternura y de cuidados, un gesto cotidiano transmitido de generación en generación, en el que rara vez intervienen los hombres. Isa profundiza en esa dimensión de los cuidados entre mujeres que pocas veces se aborda al hablar de la conocida «Matria Gallega». Este concepto se refuerza mediante la creación de una imagen equilibrada, tanto por la suavidad del color como por la pincelada orgánica, en la que la figura central reclama su lugar y protagonismo sobre un fondo vibrante y acogedor.

 

 

La artista nos muestra una realidad importante que con frecuencia ha permanecido oculta: la de las parejas homosexuales en el pasado. La historia de Elisa y Marcela es bien conocida, y esta obra rinde homenaje a todas aquellas historias silenciadas y ocultas a lo largo del tiempo.

 

https://www.instagram.com/isa__bermudez/

 


ISA BERMÚDEZ (Galiza)

 

Gal:

 

Isa Bermúdez é unha artista plástica galega, natural de Carballo, cuxo traballo se desenvolve entre o muralismo, a pintura e a ilustración, articulando unha linguaxe visual fortemente vinculada ao territorio, á memoria colectiva e ás formas de identidade propias e no que a ilustración se mestura e cohabita según o caso cunha linguaxe máis plástica e expresiva. 

 

Iniciou a súa traxectoria no ámbito do muralismo aquí no propio Rexenera, formando parte da equipa de Mutante Creativo como asistente de produción e pintura mural, unha experiencia fundamental que lle permitiu aprender de recoñecidos profesionais e alimentar progresivamente o seu percorrido artístico. Desde entón, realizou intervencións murais en distintos puntos de Galiza, entre eles Carballo, A Coruña, Santiago de Compostela, Sobrado dos Monxes, Carral e Poio, e tamén no contexto internacional, destacando a súa participación en Cabo Verde a través dun proxecto impulsado polo Fondo Galego.

 

O ano pasado abre Espazo Sol, o seu propio obradoiro e espazo expositivo na carballesa rúa Sol, dende onde a súa práctica se completa cunha dimensión pedagóxica, desenvolvendo obradoiros e procesos formativos en diversos contextos culturais e educativos. 

No ámbito do deseño e a ilustración, asinou diversos encargos gráficos e carteis institucionais, entre os que destacan varias encargas para o Concello de Carballo como o cartel oficial do San Xoán deste ano e varias edicións das Festas da Milagrosa e os carteis dos Xogos Florais para o Concello de Betanzos. 

 

+info:

https://www.instagram.com/isa__bermudez/

https://www.instagram.com/espazo.sol/

 

--------------

 

Cast:

Isa Bermúdez es una artista plástica gallega, natural de Carballo, cuyo trabajo se desarrolla entre el muralismo, la pintura y la ilustración, articulando un lenguaje visual fuertemente vinculado al territorio, a la memoria colectiva y a las formas de identidad propias, en el que la ilustración se mezcla y convive, según el caso, con un lenguaje más plástico y expresivo.

 

Inició su trayectoria en el ámbito del muralismo aquí mismo, en Rexenera, formando parte del equipo de Mutante Creativo como asistente de producción y pintura mural, una experiencia fundamental que le permitió aprender de reconocidos profesionales y nutrir progresivamente su recorrido artístico. Desde entonces, ha realizado intervenciones murales en distintos puntos de Galicia, entre ellos Carballo, A Coruña, Santiago de Compostela, Sobrado dos Monxes, Carral y Poio, así como en el contexto internacional, destacando su participación en Cabo Verde a través de un proyecto impulsado por el Fondo Galego.

 

El año pasado abrió Espazo Sol, su propio taller y espacio expositivo, situado en la calle Sol de Carballo, desde donde su práctica se completa con una dimensión pedagógica, desarrollando talleres y procesos formativos en diversos contextos culturales y educativos.

En el ámbito del diseño y la ilustración, ha firmado diversos encargos gráficos y carteles institucionales, entre los que destacan varios trabajos para el Concello de Carballo, como el cartel oficial de San Juan de este año y varias ediciones de las Festas da Milagrosa, así como los carteles de los Xogos Florais de Betanzos para el Concello de Betanzos 

 

+info:

https://www.instagram.com/isa__bermudez/

https://www.instagram.com/espazo.sol/

 

+ imaxes: