CLASE MAXISTRAL de Esgrafiado con CARROT CAROLA


CLASE MAXISTRAL de ESGRAFIADO con CARROT CAROLA 

Data: sábado 6 e domingo 7 de xuño, 2025 / Horarios: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h. / Lugar:  por definir ??

 

**PRAZAS ESGOTADAS**

 

Carola é artesana no ámbito da construcción,  especializada en revestimentos de materiais naturais como a cal e a arxila, combina oficio e experimentación para as súas creacións.  Dende hai máis dunha década traballa na recuperación, o estudo e a aplicación das técnicas tradicionais. Dentro destas  está o esgrafiado, un tipo de cubrimento mural empregado desde a  antigüidade chegando a versionarse e adaptarse a todalas culturas e rexións do mundo onde a cal (materia prima) é accesible. Carola ten realizado numerosos murais aplicando a súa mestría con deseños propios ou en colaboración con distintas artistas da escena mural galega, explorando todas as posibilidades do material e a técnica.

Este Obradoiro é un monográfico práctico intensivo, onde  se levará a cabo unha intervención nun muro da vila a partir dunha proposta da artista para resolver en colectivo.

 

1º Parte: Sábado 6 de xuño. // De 10h-14h e de 16:00h-19:30h (8h)

 

- Fundamentos teóricos dos tipos de cal, os pigmentos e a variedade de argamasas.

- Fundamentos teóricos das técnicas decorativas con cal.

- Percorrido pola tradición dos revestimentos de cal en Galicia

- Fundamentos de deseño *

- Presentación de mateirais e ensaio de aplicación.

- Preparación das bases para a seguinte xornada.

 

2º parte: domingo 7 xuño // De 10h-15h (5h)

- Aplicación dos coñecementos aprendidos na xornada anterior sobre soporte real preparado o día anterior.

- Realización dunha peza mural colectiva.

 

 

Algunhas indicacións necesarias: 

 

- Traer vestimenta adecuada; ropa de traballo ou funda.

- Traer guantes de protección

 

**Consultar calqueira dúbida en canto á información aportada ou a loxística do curso.

 

+ INFO sobre CARROT CAROLA:

https://www.instagram.com/carrotcarola/