YOSEBA MP

Galiza

Joseba Muruzábal, alias Yoseba MP, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. 

Trae a Carballo a súa serie de murais chamada 'Fenómenos do rural' onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade.

 

Como parte desa serie o artista galego fixo o seu peculiar tributo á muller rural carballesa, aproveitando un dos produtos estrela da comarca: a pataca. Máis concretammente a variedade local coñecida como Fina de Carballo. Un tipo moi apreciado polo consumidor e orixinario da zona, que neste mural de grandes dimensións acada unha escala sobrenatural.

Como se dun Menhir se tratase, esta nova e forzuda superavoa porta con elegancia ao lombo unha pataca xigante ao máis puro estilo Obelix,  facendo o guiño á archicoñecida personaxe de Goscinni e deixando claro que se existiran patacas de tal calibre non lle teríamos medo ningún a apañalas:  “Fina de Carballo: A muller Nitromón”

 

 

O mural de Yoseba MP está na rúa Vila de Negreira. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

Máis info:

https://www.facebook.com/yoseba.mp

 

Fotos por: A.L.Crego

Fina de Carballo: A muller Nitromón

TRABALLOS ANTERIORES: