(Galego)
ONA SALVADOR
"Vixília"
Para a súa intervención no Rexenera Fest, a artista menorquina Ona Salvador toma como punto de partida a memoria dos antigos hortos e terras de cultivo que ocuparon este espazo do Barrio das Flores antes da súa transformación urbana. Desa conexión coa terra nace unha figura situada entre a realidade e o imaxinario popular: unha gardiá simbólica das flores, da fauna e das lembranzas que continúan tecendo a identidade do barrio.
A presenza do coello remite aos ecos da vida natural que aínda habitan estes lugares, mentres que as flores sobredimensionadas evocan tanto a toponimia do barrio como as súas raíces agrícolas. Fiel ao seu universo visual, a artista constrúe unha escena envolta nunha atmosfera de misterio e fantasía, atravesada por unha serena sensación de forza e coidado.
O fondo escuro e as pequenas faíscas que percorren a composición establecen unha sutil conexión coa noite de San Xoán, convertendo a protagonista nunha sorte de patroa imaxinaria do solsticio: unha figura que vela por un territorio suspendido entre a natureza, a memoria e a imaxinación. A través desta obra creada para o Rexenera Fest, ONA SALVADOR propón unha lectura poética do lugar, na que pasado e presente dialogan para reivindicar os vínculos entre paisaxe, comunidade e memoria colectiva.
https://www.onasalvador.com/mural
--
(Castellano)
ONA SALVADOR
"Vigília"
Para su intervención en el Rexenera Fest, la artista menorquina Ona Salvador toma como punto de partida la memoria de los antiguos huertos y tierras de cultivo que ocuparon este espacio del Barrio das Flores antes de su transformación urbana. De esa conexión con la tierra nace una figura situada entre la realidad y el imaginario popular: una guardiana simbólica de las flores, la fauna y los recuerdos que siguen tejiendo la identidad del barrio.
La presencia del conejo remite a los ecos de la vida natural que aún habitan estos lugares, mientras que las flores sobredimensionadas evocan tanto la toponimia del barrio como sus raíces agrícolas. Fiel a su universo visual, la artista construye una escena envuelta en una atmósfera de misterio y fantasía, atravesada por una serena sensación de fuerza y cuidado.
El fondo oscuro y las pequeñas chispas que recorren la composición establecen una sutil conexión con la noche de San Juan, convirtiendo a la protagonista en una suerte de patrona imaginaria del solsticio: una figura que vela por un territorio suspendido entre la naturaleza, la memoria y la imaginación.
A través de esta obra creada para el Rexenera Fest, Ona Salvador propone una lectura poética del lugar, en la que pasado y presente dialogan para reivindicar los vínculos entre paisaje, comunidad y memoria colectiva.
https://www.onasalvador.com/mural
ONA SALVADOR (Baleares)
Gal
Ona Salvador Menorca, 1999) é artista visual e muralista afincada en Barcelona. A súa obra aborda a figura feminina como unha paisaxe viva onde corpo e natureza se entrelazan.
Desenvolveu proxectos de arte pública a nivel internacional. Con paletas luminosas e composicións precisas, crea pezas que equilibran monumentalidade e intimidade, situándose en estados de transformación entre fraxilidade e forza.
Cast
Ona Salvador (Menorca, 1999) es artista visual y muralista afincada en Barcelona. Su obra aborda la figura femenina como un paisaje vivo donde cuerpo y naturaleza se entrelazan.
Ha desarrollado proyectos de arte público a nivel internacional. Con paletas luminosas y composiciones precisas, crea piezas que equilibran monumentalidad e intimidad, situándose en estados de transformación entre fragilidad y fuerza.
+info:
https://www.instagram.com/onasalvador/
+ imaxes:
