SR.X

SR. X (Galiza)

 

 🔥 Título: “Lume”

📍 Rúa Ponte 11 >> MAPA

 

"O mundo está fóra de balance, tolo, demente. As forzas do mal están soltas e prevalecen. E dentro de min, a loita líbrase tamén. Os demos internos que me posúen son tan reais como os que merodean fóra. É unha batalla sen fin, e aínda que ás veces parece que a vitoria está á vista, sempre hai outro obstáculo, outro monstro que vencer."

Inspirado polas verbas de Henry Miller, Sr. X constrúe unha peza impactante cargada de simboloxía a través do seu recoñecible estilo. A través do acabado anguloso e cortante do "stencil" consegue potenciar a mirada de loita interna da personaxe que nos fita dende o muro.

 

 

 + info sobre SR.X:

https://sr-x.com/

 

SR.X

SR. X (Galiza)

 

Sr. X é un artista urbano galego afincado en Londres e unha figura referencial en Europa da arte urbana feita a través da técnica do stencil. Algúns dos seus temas preferidos son a cultura pop, o cinema, a publicidade e as lendas urbanas. As súas creacións a miúdo están envoltas nun distintivo velo de ironía, retranca e crítica social, sempre aliñadas cun característico humor ácido e sarcástico.

 

SR.X estará pintando na RÚA PONTE nº 11. >> MAPA

 

+ info sobre SR.X:

https://sr-x.com/