FRANCO FASOLI

 

 

V. Galego:

 

“DISFRACES DE PANDEMIA, VECIÑOS VIXIANTES E UNHA NAI SOLTEIRA”

 

 

O peche colectivo a nivel mundial, atravesounos a todos sen contemplacións, cal machado afiado ou empresa transnacional, a todas as sociedades do mundo, da igual a cor política do governo, o PIB do país, ou o sistema politico imperante. Todas, sufrimos a pandemia dun ou doutro xeito. E durante este período de falta de liberdades houbo multitude de surrealistas acontecementos e diferentes casos de tentativas pra esquivar esa corentena obrigatoria, algúns con moita retranca e inventiva… Todo hai que dicilo. Humanos disfrazados de cans, cans que paseaban ós donos, humanos paseando a humanos, múltiple e paradóxica fauna nunha xungla de asfalto case deserta.

 

Tamén emerxeu de atrás dalgunhas escuras cortinas un novo corpo de policía, integrado polos propios reféns desta miseria colectiva, aqueles chamados por algúns como polis de balcón… E en paralelo, o resto dos mortais, heroes e heroinas anónimas, que tiveron que erguerse nas dúas patas traseiras pra combater a desgraza do ditoso azar e seguir adiante. Fora como fora. Pra esquivar ao incansabel becho, poñer un prato na mesa pra o teu fillo ou simplesmente saír cada día á rúa pra traballar e mercar o pan.

 

Franco Fasoli achéganos unha particular visión desta situación que nos tocou vivir, pero dun xeito fabuloso…. Nos dous sentidos da propia palabra, dende un prisma indirecto, narrativo e aberto a múltiples interpretacións e distitnas lecturas. Sen a intención de facernos lembrar o drama, porque probablemente non o farías sen esta explicación que eiquí narramos, mais si coa idea de repensar ou cavilar sobre o ocorrido dende o seu especial linguaxe alegórico e o seu certeiro punto de vista.

 

——————-——————-——————-——————-——————-——————-————-——————-————-

 

V. Castellano:

 

“DISFRACES DE PANDEMIA, VECINOS VIGILANTES Y UNA MADRE SOLTERA”

 

El encierro colectivo, a nivel mundial, nos atravesó a todos sin contemplaciones, cual machete afilado o empresa multinacional, a todas las sociedades del mundo, da igual el color político del gobierno, el PIB del país, o el sistema politico imperante. Todas, sufrimos la pandemia de una u otra manera. Y durante este período de falta de libertades hubo multitud de surrealistas sucesos y diferentes casos de intentos de esquivar esa cuarentena obligatoria, algunos con mucha guasa e inventiva... Todo hay que decirlo.  Humanos disfrazados de perros, perros que paseaban humanos, humanos paseando a humanos, múltiple y paradójica fauna en una selva de asfalto casi desierta.

 

  También emergió de detrás de algunas oscuras cortinas un nuevo cuerpo de policiía, integrado por los propios rehenes de esta miseria colectiva, aquellos llamados por algunos como polis de balcón… Y en paralelo, el resto de los mortales, héroes y heroínas anónimas, que tuvieron que levantarse en las dos patas de atrás para combatir la desgracia del dichoso azar y seguir adelante. Fuera como fuera. Para esquivar al incansable bichejo, poner un plato en la mesa para tu hijo o simplemente salir cada día a la calle para trabajar o comprar el pan. 

 

Franco Fasoli nos acerca una particular visión de esta situación que nos tocó vivir, pero de una manera fabulosa… En los dos sentidos de la palabra, desde un prisma indirecto, narrativo y abierto a múltiples interpretaciones y distintas lecturas. Sin intención de hacernos recordar el drama, porque probablemente no lo harías sin esta explicación que aquí narramos, pero si con la idea de repensar o reflexionar sobre lo ocurrido desde su particular lenguaje alegórico y su certero punto de vista.

 

 

 

FRANCO FASOLI

FRANCO FASOLI

 

GAL.

 

Nacido en Buenos Aires no 1981, Franco Fasoli é un dos artistas máis coñecidos do panorama arxentino.

 

A arte de Fasoli introduce na súa obra as vívidas contradicións das sociedades latinoamericanas, os seus ritos e a súa aparente perpetua inestabilidade.

 

A tensión entre a cultura global dominante e as subculturas coma espazos de resistencia influírono tanto a nivel conceptual como nas súas accións ao largo da súa carreira. Múltiples formas de identidade individual e colectiva forman a columna vertebral sociolóxica do seu traballo.

 

 

 

CAST.

 

Nacido en Buenos Aires en 1981, Franco Fasoli es uno de los artistas más conocidos del panorama argentino.

 

El arte de Fasoli introduce en su obra las vívidas contradicciones de las sociedades latinoamericanas, sus rituales y su aparente perpetua inestabilidad.

 

 

La tensión entre la cultura global dominante y las subculturas como espacios de resistencia lo ha influido tanto a nivel conceptual como en sus acciones a lo largo de su carrera. Múltiples formas de identidad individual y colectiva forman la columna vertebral sociológica de su trabajo.