Doa

Galiza

Foto: Mutante Creativo


DOA: “Artemisia Vulgaris” // Reforestando

 

V. Galego:

Pranta que medra nas rexións de clima temperado en Europa, Asia e o norte de África, con grandes propiedades medicinais: acción estroxénica, emenagoga, antiinflamatoria, analxésica, estimulante, dixestiva, carminativa, antiséptica, antimicrobiana, antiparasitaria e astrinxente. 

Os seus principios activos: O aceite esencial con cineol, linalol, eucaliptol, alcanfor e tuyona. Contén tamén vitamina A,B e C.

Considerada como unha das primeiras que foron usadas polo ser humano. Na menciña popular tradicional úsanse as frores, os tallos e as follas. Ao igual que a deusa grega, é a gran protectora da muller, pois, ademáis de brindarlle o seu máis incondional apoio máxico, é un dos maiores remedios para todas as doenzas e enfermidades da muller. 

Adquire un gran protagonismo nesta noite máxica, onde, como substituto do Grial, emprégase xunto a outras herbas griálicas no tradicional caldeiro de cobre ( que representa o recipiente griálico) para elaborar a poción máxica que potencia o poder mental, cristaliza os desexos e favorece a saúde e a sorte durante todo o ano. Para este mesmo fin lávanse a cara e as mans co líquido da poción e queimase a pranta nas típicas fogueiras rituais. 

As súas raíces relaciónanse cas correntes telúricas e ós antigos cultos de tipo matriarca. A Artemisa é a herba do viaxeiro. Protexe as viaxes. É unha pranta de tipo iniciática e posúe a habilidade para revelar as claves do saber que se foi perdendo co paso dos anos. Úsase moito na feiticería e bruxería, era porque se dicía que inducía soños lúcidos e viaxes astrais. Ademáis de producires en quén a toma un estado alterado de conciencia moi axeitado para a iniciación e o desenrolo das facultades paranormais da mente (como a videncia), é unha gran catalizadora das enerxías telúricas…

 

Doa

Rexenera Fest 2018

 

O mural de Doa está na rúa Río, Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

V. Castellano:

 

“Artemisia Vulgaris” // Reforestando

 

Planta que crece en las regiones de clima templado en Europa, Asia y el norte de África,con grandes propiedades medicinales: acción estrogénica, emenagoga, antiinflamatoria, analgésica, estimulante digestiva, carminativa, antiséptica, antimicrobiana, antiparasitaria y astringente. sus principios activos: El aceite esencial con cineol, linalol, eucaliptol, alcanfor y tuyona. Contiene también vitamina A, B y C. 

Considerada como una de las primeras que fueron usadas por el hombre. En la medicina popular tradicional se usan las flores, los tallos y las hojas. Al igual que la diosa griega, es la gran protectora de la mujer, pues, además de brindarle su más incondicional apoyo mágico, es uno de los mayores remedios para todas las dolencias y enfermedades de la mujer. 

Adquiere un gran protagonismo en esta noche mágica, donde, como sustituto del Graal, se emplea junto a otras hierbas griálicas en el tradicional caldero de cobre (que representa el recipiente griálico) para elaborar la poción mágica que potencia el poder mental, cristaliza los deseos y favorece la salud y la suerte durante todo el año. Para este mismo fin se lavan la cara y las manos con el líquido de la poción y se quema la planta en las típicas hogueras rituales.

Sus raíces se relacionan a las corrientes telúricas y a los antiguos cultos de tipo matriarca. La Artemisa es la hierba del viajero. Protege los viajes . Es una planta de tipo iniciática y posee la habilidad para revelar las claves del saber que se ha ido perdiendo con el paso de los años. Se usa mucho uso en hechiceria y brujería, era porque se decía que inducía sueños lúcidos, y viajes astrales. Además de producir en quien la toma un estado alterado de conciencia muy propicio para la iniciación y el desarrollo de las facultades paranormales de la mente (como la videncia), es una gran catalizadora de las energías telúricas …

 

Doa

Rexenera Fest 2018

 

El mural de Doa está en la calle Río, Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

MÁIS FOTOS:

Fotos por: Mutante Creativo


DOA

 

Dende moi nova Doa estivo experimentando diferentes técnicas expresivas. Aprende arte e fotografía entre Galicia, México e Portugal. Tempo despois descobre a posibilidade de formar parte do todo axudando ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e neste momento empeza o proxecto Reforestando, pensando na transformación do espazo público, mediante a intervención mural “site specific” de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos. O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal e a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo.

 

Máis info:

 

https://doaoa.wordpress.com

TRABALLOS ANTERIORES: