TAMARA ALVES

TAMARA ALVES (Portugal)

 

Tamara Alves é unha artista portuguesa, residente en Lisboa. Licenciada en Artes Plásticas e cun mestrado en Práticas Artísticas Contemporáneas. Fascinada pola estética da rúa e os contextos urbanos, preséntanos o seu traballo cunha clara preferencia polos espazos públicos, construíndo unha narrativa que celebra de forma crúa e poética a vitalidade das sensacións fortes e o devir animal por oposición á deliberación racional.

 

Tamara focaliza moitas das súas obras na idea de que os nosos instintos son aquilo que nos define, invocando un universo de figuras humanas e animais en interación coa paisaxe natural e con obxectos imbuídos dunha forte carga simbólica.

Un universo onde o amor, sempre o amor (que é ferida, dor, bágoas, máis tamén pracer, regozixo e éxtase) pode ser froito dun impacto, un acidente crecendo dentro de nós como unha flor silvestre.

 

Tamara estará pintando na RÚA ROSAS Nº 5 >> MAPA

 

+ info sobre Tamara Alves:

https://tamaraalves.com/

 

 


+ imaxes: