Lula Goce

Galiza

LULA GOCE

 

V. Galego:

 

O traballo de Lula Goce tende a afondar no íntimo partindo do público, aparentes accións solitarias entroncadas con inquietantes naturezas vivas, onde o humano e o vexetal únense para simbolizar o que ela quere ou precisa.  

Neste mural de grandes dimensións percíbese unha sensación de loita entre polos opostos, onde dun retrato escuro pero ao tempo sereno e reflexivo, agroman medos, fobias e outros monstros coas formas da antiga cultura clásica. 

Grifos, quimeras e estranas criaturas afloran do peito lembrándonos onde temos as luces, as sombras, e os medios tonos que precisamos para atopar o equilibrio no camiño vital. 

 

O mural de Lula Goce está na rúa Igrexa, Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

V. Castellano:

 

El trabajo de Lula Goce tiende a ahondar en lo íntimo partiendo de lo público, aparentes acciones solitarias entroncadas con inquietantes naturalezas vivas, donde lo humano y lo vegetal se unen para simbolizar lo que ella quiere o necesita.

 

En este mural de grandes dimensiones se percibe una sensación de lucha entre polos opuestos, donde de un retrato oscuro pero a la par sereno y reflexivo, brotan miedos, fobias y otros mounstruos con las formas de la antigua cultura clásica.

 

Grifos, quimeras y extrañas criaturas afloran del pecho recordándonos donde tenemos las luces, las sombras y los medios tonos que necesitamos para encontrar el equilirio en el camino vital. 

 

El  mural de Lula Goce está en la calle Igrexa, Carballo. >> Ver ubicación >> Link Street view:

 

MÁIS IMAXES:

Fotos por: Mutante Creativo


 Máis sobre LULA GOCE:

 

 Lula Goce nace en Baiona e crece entre aires salobres, morriña, percebes e orballo. En Salamanca licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura e o seu traballo artístico sempre estivo vinculado á arte urbana. A obra de Lula Goce tende a afondar no íntimo a partir do público, accións solitarias vinculadas á natureza, que mostra nas fachadas, na rúa, expostos á mirada de transeúntes e curiosos. A natureza humana e a vexetal únense como se fosen unha. Pintou en festivais de arte urbana como Urbanity e Rebobinart de Barcelona, Urban Fair en París, Waterford Urban Festival en Irlanda, Memorie Urbana en Italia, North West Walls en Bélxica, Zona Maco en México, PolinizaDos en Valencia, Tuenty Urban Art, Mad Cool Festival en Madrid ou BAC en Barcelona, entre outros. 

 

Máis info:

 

http://www.lulagoce.com


TRABALLOS ANTERIORES: