SESIÓN VERMÚ con SEÑORA DJ Session

DOMINGO 8 de xuño I  De 13:00 h a 16:00 h.

LUGAR: Rúa Coruña s/n, Carballo. I ENTRADA GRATUÍTA

 

Para pechar o festival teremos unha sesión vermú coa selecta pinchada de SEÑORA DJ! 

Veñan brindar polos 11 ANOS DE REXENERA FEST!! 

  

Raquel Rodríguez, aka SEÑORA DJ é sinónimo de festa, baile e diversidade. Desde o seu primeiro set en 2016 en Festivala, participou en festivais como Atlantic Fest, Vive Nigrán, Festival da Luz e PortAmérica, e actuou en salas como Karma, Sonar e Kominsky en Vigo. En 2024, deu o salto fóra de Galicia ao actuar nas salas 4 Latas e Ocho y Medio de Madrid. 

A súa mestura ecléctica de disco, pop, urbano e techno, con un toque petardo, fai que cada sesión sexa unha festa inesquecible. Inclúe tanto divas nacionais como internacionais e promove a visibilidade de mulleres compositoras, discursos feministas, pro-LGTBQ+ e o mellor da música en galego contemporánea.

 

+info:

www.senoradj.com

https://www.instagram.com/senora_dj/