SESIÓN VERMÚ con MINIFUNDISTAS DJ Session

DOMINGO 9 de xuño I  De 13:00 h a 16:00 h.

LUGAR: Rúa Coruña s/n, Carballo. I ENTRADA GRATUÍTA

 

Para pechar o festival teremos unha sesión vermú coa selecta pinchada en vinilo a cargo de MINIFUNDISTAS, un dúo coruñés especialista en sachar nos surcos dos minifundios máis produtivos e suculentos. Traerán os seus mellores temarros da súa vasta colección Funk, Afro, Electrónica, Rock, Hip Hop, e un longo etc.. para que a xente non pare de bailar e desfrutar con pés, bullate e orellas. Veñan brindar polos 10 ANOS DE REXENERA FEST!!