O FESTIVAL

A cuarta edición do Rexenera Fest tivo lugar do 23 de maio ao 3 de xuño de 2018: Cinco muralistas deixaron candansúa obra para este crecente museo ao aire libre, ademais de seminarios, masterclass, microconferencias, música en directo e un roteiro guiado

Nesta edición os artistas e as artistas convidadas foron Lula Goce (Galiza), Bosoletti (Arxentina), Daniel Muñóz “SAN” (Cáceres), Milu Correch (Arxentina) e Doa (Galiza).

 

  O proxecto pretende reunir cada ano o mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, para así facer da nosa vila un gran museo ao aire libre que irá medrando ano tras ano. O festival serve como unha xanela de Carballo aberta ao mundo, que sitúa no mapa a vila a través das súas rúas e favorece un turismo cultural diferente na zona urbana do concello.  

 

 Rexenera Fest actúa en cada edición como un axente rehabilitador contra o feísmo urbanístico e utiliza as rúas como un espazo de diálogo e de expresión artística. Rexenerando espazos deteriorados, achegándolle valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizando o tránsito peonil e expandindo os espazos de lecer nas zonas nas que se está a intervir.

 

  Durante unha semana, outro ano máis os/as artistas participantes estarán traballando en distintas localizacións, ás que os veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse e apreciar a habilidade e todo o proceso artístico de cada obra.

 

Artistas edicións anteriores:

2015:

ARYZ

DULK

MIGUEL PERALTA 

BORDALO II

PIXEL PANCHO

---------------------

2016:

NATALIA RAK

ISAAC MAHOW

HYURO

CASE MACLAIM

NOVENOEL

CESTOLA NA CACHOLA

---------------------

2017:

ANIMALITOLAND

ISAAC CORDAL

NADA (IRIA FAFIÁN)

SEKONE

BTOY

CURIOT

YOSEBA MP

SATURNO

CINTA VIDAL

JORIT AGOCH

POWONE

 

 

Contacta con nós

Atención: Los campos marcados con * son obligatorios.