Con este xogo de pescudas, a modo dunha peculiar búsqueda do tesouro, xs participantes terán que mergullarse de cheo na arte urbana esparexida nas rúas de Carballo, resolver as pescudas que se lle vaian facilitando e descifrar as incognitas inxeridas nos propios murais para poder chegar á meta e atopar ansiado ouro.
Datas: 24 de xullo de 19.00 a 21.00 (a partir de 14 anos)
Inscripción e recollida da primeira pista e normas: Museo de Bergantiños (Rúa Martín Herrera nº 8)
Premios: Serigrafías de edición limitada de artistas participantes e pack de merchandising para os 3 primeiros en finalizar a búsqueda.